OS CENTROS
CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro)
Porta de entrada do Camiño Francés a Galicia, a cabeceira do concello de Pedrafita do Cebreiro será tamén o punto no que comece a traxectoria de “O Camiño que nos une”.
Data: 22 de marzo
Ruta: Camiño Francés
Deportista convidada: Lara Balseiro
IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo)
A segunda etapa deste traxecto terá na capital da Mariña Central a súa sede. Situado a escasos metros da entrada do casco vello da vila mindoniense, o centro atópase a pouca distancia dunha das xoias do Camiño Norte: a Catedral de Mondoñedo.
Data: 23 de abril
Ruta: Camiño Norte
Deportista convidada: Nuria Bouza
CPI Castroverde (Castroverde)
Dende as portas de acceso a este centro pódense adiviñar as siluetas dos peregrinos que percorren o Camiño Primitivo rumbo a Lugo primeiro, e Compostela despois. O trazado desta vía transcorre ben preto das instalacións nas que o alumnado participará da terceira quenda do proxecto.
Data: 15 de abril
Ruta: Camiño Primitivo
Deportista convidada: Adiaratou Iglesias
IES Francisco Daviña Rey (Monforte)
Dende a Torre da Homenaxe pódense divisar aos peregrinos que chegan a Monforte polo Camiño de Inverno. Tamén como os alumnos e alumnas deste centro, localizado aos pés da fortificación, se dirixen ás clases. Cuarto episodio da iniciativa, que completa a visita a vilas emprazadas nas catro vías xacobeas que percorren Lugo.
Data: 28 de abril
Ruta: Camiño Sur / Inverno
Deportista convidada: Saleta Fernández
IES do Camiño (Palas de Rei)
O propio nome do centro xa deixa entrever a importancia que ten todo o vencellado co movemento xacobeo para esta vila lucense. Quinta sesión e segunda nun centro vencellado co Camiño Francés.
Data: 3 de maio
Ruta: Camiño Francés
Deportista convidada: Alessandra Aguilar
IES Basanta Silva (Vilalba)
Ata o corazón da Terra Chá viaxa desta volta a iniciativa para visitar este centro de formación localizado en Vilalba, municipio onde os peregrinos practicamente se despiden da provincia de Lugo.
Data: 12 de maio
Ruta: Camiño Norte
Deportista convidada: Sara Álvarez
IES Val do Asma (Chantada)
Coa vista cara á Ribeira Sacra desenvolverase a penúltima sesión do programa. Chantada será a última parada antes de rematar o traxecto na capital da provincia.
Data: 25 de maio
Ruta: Camiño Sur / Inverno
Deportista convidada: Hilda Rodríguez
IES Lucus Augusti (Lugo)
Lugo será unha etapa única desta apaixonante aventura a través das distintas rutas xacobeas que atravesan a provincia. Farao nun centro educativo situado a apenas 500 metros do punto no que conflúen os tres bens Patrimonio da Humanidade cos que conta a cidade, incluído o Camiño Primitivo.
Data: 12 de abril
Ruta: Camiño Primitivo
Deportista convidada: Tania Fernández